Peche do festival co último día de rúa
O festival se despide ata o ano que ven, e faino cunha morea de actuacións de rúa. Felix, Fredi, Cote e Simone. O galego Fredi combina o seu talento cos malabares, co seu dominio do clown e o mimo, demostrando que a improvisación tamén é o seu. Simone presenta o seu espectáculo que ven desde a lonxana Nápoles, combinando malabares, acrobacias e unha vistosa e difícil roda de ferro coa que fai números imposibles.

