Pasarrúas Inaugural do 3º Festival Manicómicos 2006
Os Manicómicos temos xa todo a punto para comezar un ano maís co Festival. A xente toda coñece os programas e agardan e desexan a chegada das cores e da risa. Só faltan os comediantes, que son os que van traer a maxia ós teatros, ós bares e ás rúas da cidade.
¿E cando van chegar? Díxome un paxariño que a nova voou cedo por todo o mundo e que chegou a voar tamén a través do tempo; até chegou a ouvila o Emperador do Humor, alá en Roma, e dixo que nos ia honrar coa súa presencia.
Os vellos de Venecia, os de París, os de Londres, e mailos de Broadway, lembran con agarimo o día que os visitou o Emperador do Humor, cando as súas cidades aínda eran novas e pequenas. Contan que chegou rodeado de belísimas mozas gregas e romanas, con xigantes, bufóns, comediantes enmascarados, paiasos, mimos, e embaixadores de tódolos xeitos de comedia coñecidos.
Dende entón as súas cidades enchéronse de cores e culturas, e medraron ata seren as fermosísimas cidades que agora coñecemos; cidades que son referente en toda conversa cultural que se precie.
A última nova dí que non só veñen o sábado 1 de xullo dende ás 17:30 ata as 19:00, para faceren un percorrido polo noso Paseo Marítimo ata chegar a Maria Pita, din que ademáis van a actuar pola rúa e que cando cheguen á praza, o Emperador do Humor vai realizar o acto inaugural do 3º Festival Manicómicos 2006.
Eu non o creo, vou ter que ir a comprobalo. E ti, ¿ves comigo?
Información do Pasarúas sábado 1 de xullo
Un Gran Pasarúas sairá ás 17,30 da Coraza do Orzán.
O pasarúas está composto por clowns, malabaristas, xigantes, cómicos e unha gran charanga de músicos.
O itinerario do pasarúas será: Coraza do Orzán, Barrie da Maza, Rúa Nova, Obelisco, Rúa Real, Rego de Auga e María Pita.
Os compoñentes do pasarúas farán paradas ao longo do percorrido nas que realizarán sketchs cómicos.
O tema do pasarúas é o teatro cómico en todas os seus facetas, polo que haberá payasos, monologuistas, comedia da arte, malabaristas etc. Acompañaralles a charanga Os Kilomberos.
En María Pita, ás 18,30 horas se inagurará o festival coa presenza do emperador da risa.
Ás 19,00 horas, tamén en María Pita, sucederanse as actuacións de trapecistas (Almacabra), cómicos e malabaristas de rúa.
Todos os coruñeses e turistas están invitados a participar neste pasacalles festivo que celebra o inicio do III Festival Internacional de Teatro Cómico Manicómicos.
A partir do sábado sucederanse as actuacións na rúa, nos bares e nos teatros, así como os cursos de formación.
Todas as entradas para os espectáculos están á venda en Televenta (Tfno. 902434443), taquilla de Caixa Galicia en internet e no kiosco da Praza de Ourense.

