Leo Palacio Opera CoruñaVivimos un enorme paradoxo.

Nunca tiveramos tanta tecnoloxía, nunca a ciencia chegara tan lonxe pero tampouco nunca en moito tempo volvera o pensamento escurantista das sectas(cienciología…etc), fundamentalismos, e esoterismos varios con tanta forza.

Parece mentira, pero ata na nova constitución europea, o texto final deu  lugar a duras batallas para saber se se debía incluír ou non un apartado citando as raíces cristiás do continente e con todo non se dedicou nin unha palabra en cuestionar se a filosofía grega e latina merecían tamén un recoñecemento como alicerces fundamentais que son de Europa.

Os Bufóns, antiga institución e parte tamén esencial da tradición europea -magníficos transmisores do importante dereito de poder burlarse de todo do que tampouco se fala na nova constitución-, sempre loitaron contra o escurantismo xunto ós intelectuais, os creadores e tódolos homes libres en defensa da razón.

Eu, Leo Bassi, como bufón que son, sento que chegou de novo o momento de comezar a loita por salvar a intelixencia. En nome de Descartes, Averroes, Sócrates, Confucio, Kant, Einstein e dos filósofos e científicos de tódolos tempos, eu digo "!Ata os Collóns!'’ de tanta superstición, dos mercadores do escurantismo e do medo.

Prepárense: chegou a hora da nova "Revelación".

ASINADO: Leo Bassi

Podedes acceder ás taquillas de todas as actuacións do festival no seguinte enlace: Taquillas Caixa Galicia en "La Voz de Galicia"