NovidadesJune 9, 2006 11:55 pm

En teletaquilla Caixa Galicia: 902 434 443 e Kiosko Praza Ourense. As entradas para os demais espectáculos tamén están á venda polo mesmo método.

Xa están á venda as entradas para a actuación de Leo Bassi do 13 de xullo no Palacio da Ópera da Coruña. Será a primeira vez que actúa na cidade, e farao dentro do cartel do 3º Festival de Teatro Cómico Manicómicos, que volve inundar a cidade con actuacións de artistas de talla internacional por terceiro ano consecutivo, converténdose nun referente do mundo do espectáculo.

Recoñecido mundialmente polas súas actuacións en solitario e polos seus extravagantes shows teatrais, Leo Bassi descende dun antigo liñaxe de comediantes excéntricos vidos de Italia, Francia e Inglaterra. Durante 130 anos. O seu pai, Leo Bassi senior , renombrado malabarista, traballou nos Estados Unidos (onde naceu Leo en 1952) con artistas tan notables como Groucho Marx, Louis Armstrong e Ed Sullivan. Leo Bassi herdou todos os trucos da profesión (foi citado na Enciclopedia Oxford das Artes Escénicas). Con todo máis que continuar unha tradición teatral, o seu propósito é manter vivo, na realidade de hoxe, o espírito tarambana e provocador. Para Leo, o entretemento non só é pracer e diversión, ¡é unha escusa!. O significado real de calquera espectáculo debería ser máis que nada, dar á xente unha experiencia apaixonante, sensacional, estremecedora, …

Este ano saltou aos medios de comunicación internacionais pola polémica creada a raíz da súa última obra "La Revelación", que provocou airadas protestas de grupos ultracatólicos e ata foi obxecto dun atentado coa colocación dunha bomba no Teatro Alfil pouco antes do estreo da obra que puido ser desactivada a tempo.

La Revelación

Vivimos unha enorme paradoxa. Nunca tiveramos tanta tecnoloxía, nunca a ciencia chegara tan lonxe pero tampouco nunca en moito tempo volvera o pensamento oscurantista das sectas (ciencioloxía, …), fundamentalismos, e esoterismos varios con tanta forza.

Os Bufóns, antiga institución e parte tamén esencial da tradición europea -magníficos transmisores do importante dereito de poder burlarse de todo-, sempre loitaron contra o escurantismo xunto aos intelectuais, os creadores e todos os homes libres en defensa da razón.

Eu, Leo Bassi, como bufón que son, sento que chegou de novo o momento de comezar a loita por salvar a intelixencia. En nome dos filósofos e científicos de todos os tempos, eu digo "!Ata os collóns!" de tanta superstición, dos mercadores do escurantismo e do medo. Que se preparen: chegou a hora da nova "Revelación".

O 3º Festival de Teatro Cómico Manicómicos (do 1 ao 16 de xullo de 2006) contará ademais de con Leo Bassi de artistas de talla internacional como Pierre Byland (Suíza), Familie Flöz (Alemania), Mofa e Befa, Berrobamban, San&San e o Cabaret Manicómicos (Galicia). Tamén haberá actuacións na rúa e en bares, así como cursos de formación (Leo Bassi, Pierre Byland e curso maquillaxe escénica e caracterización).

Podedes acceder ás taquillas de todas as actuacións do festival no seguinte enlace: Taquillas Caixa Galicia en "La Voz de Galicia"

Presentación 11:15 pm

Por terceiro ano consecutivo Asociación Cultural Manicómicos aventúrase na organización do Festival de Teatro Cómico Manicómicos.

Animados pola resposta do público, nesta 3º edición voltamos con forzas e ilusións renovadas e seguimos contando co apoio do Concello da Coruña e da Deputación da Coruña.

O Festival consta das seguintes seccións:

Actuacións en Salas:
Representacións en teatros da cidade de grandes figuras internacionais e compañías galegas.
Leo Bassi, Pierre Byland, Familie Flöz, Mofa e Befa, San&San, Berroambán, Cabaret Manicómicos.

Actuacións na Rúa:
Durante as fins de semana do festival na Praza de María Pita.
Haberá artistas de nivel internacional ademáis de propostas galegas.
Alamacabra, Chusmi, Cabaret Pista 4, Verito, Cou, Mariclown, Trotonix, Pablo Trasno, Cote, Os Festicultores.

Actuacións nos Bares (Horario Nocturno):
Manitroupe, Frikiki Show, Xose Touriñán.

Cursos de Formación:
Leo Bassi, Pierre Byland, Curso de Aéreos, Curso Maquillaxe Escénica e Caracterización.

Outras Seccións da páxina: Artistas e Novidades.

ASOCIACION CULTURAL MANICOMICOS
Rúa San Rosendo 10. baixo. 15007. A Coruña. Galicia.
Tlf: 981 23 50 24
manicomicos@hotmail.com
http://www.manicomicos.org

Cursos de Formación 7:37 pm

AlmacabraDatas: do 3 ao 7 de xullo
Duración: 12 horas
Horario: de 16:00 a 18:30 de luns a venres
Prezo: 100 para socios e 120 para non socios
Lugar: Pavillón Sofía Casanova de Vilaboa

Unha das especialidades do circo son os aéreos con diferentes modalidades e neste curso traballaremos con duas delas:

O trapecio e as teas.

A través dun quencemento e unha sesión de preparación física lograremos estar a punto para iniciarnos en exercicios básicos de trapecio e teas e lograr un achegamento a estes dous elementos.

Cursos de Formación 7:32 pm

MaquillajeDatas: do 10 ao 14 de xullo
Duración: 20 horas
Horario: 16:00 – 20:00h
Prezo: 65 € socios / 100 € non socios
Lugar: Sala do Trinke. Rúa San Rosendo 10.

Aprende a utilizar as técnicas e recursos necesarios para a caracterización e creación de personaxes, adquirindo ademáis os coñecementos básicos da maquillaxe de efectos especiais. Co dominio das ferramentas apropiadas, o único límite é a túa imaxinación. O obxectivo será que aprendas a caracterizar o rostro, a deseñar os teus bocetos e a entender cal é o rol da maquillaxe nunha posta en escea.
 
• Recoñecemento de materiais
• Bases de maquillaxe: usos e diferencias
• Preparación do rostro
• Utilización do claro-escuro
• Envellecemento do pel
• Maquillaxe para clown, drag queen, etc
• Colocación de perrucas
• Bocetado e composición do personaxe
• Caracterización
• Tapado de cellas
• Pegado de próteses
• Colocación de calotas
• Feridas: queimaduras, cortes, golpes

Cursos de Formación 7:30 pm

Pierre BylandDatas: do 3 ao 7 de xullo
Duración: 20 horas
Horario: 10:00 – 14:00 h
Prezo: 170 € socios / 190 € non socios
Lugar: FORUM METROPOLITANO

P. Byland, naceu en Suiza en 1938. Formouse na prestixiosa escola de Jacques Lecoq en París, onde ademáis impartiu clases durante moitos anos. Traballou con grandes nomes do teatro mundial como Samuel Beckett, Peter Handke, Marcel Marceau, ou Philippe Gaulier. Escritor e creador de moitos dos espectáculos creados en torno á súa compañía Les Fusains, é coreográfo e fundador do famoso circo Roncalli, o primeiro circo de actores. A súa proposta renovadora do fenómeno circense e do fenómeno do clown escénico e contemporáneo, lévanlle a participar na creación do Centro Nacional Superior das Artes de Circo de Châlons sur Marne en Francia. Actualmente dirixe tamén o Burlesque Centre, centro burlesco das artes escénicas comtemporáneas.

Este curso está encamiñado á busca do teu propio clown, ó descubrimento do teu ridículo e á súa expresión, aceptando a debilidade e reflexionando sobre a estupidez, de cara a enriquecer non só o teu traballo como actor ou actriz, senón tamén a túa propia humanidade como persoa.

O clown como expresión artística e criativa do teu humor particular, sen clichés nin artificios, sen ideas preconcebidas, actual e disposto a facer novos descubrimentos, para converterse así nun artista polivalente por excelencia.

Cursos de Formación 7:27 pm

Leo BassiBuscando a nosa Identidade Cómica. "Cómo liberar as nosas aptitudes naturais para facer reír"

Datas: do 12 ao 14 de xullo
Duración: 12 horas
Horario: 10:00 – 14:00 h
Prezo: 130 € socios / 150 € non socios
Lugar: Forum Metropolitano

A través dos anos LEO desenvolveu un sistema que mestura a teoría con orixinais xogos psicolóxicos, que inducen aos participantes a descubrir máis deles mesmos segundo vanse intensificando estes exercicios. Un dos aspectos máis importantes destas sesións é que todos os participantes son continuamente estimulados a tomar alternativamente un papel activo e á vez de observador crítico. Isto alenta discusións francas obrigándolles a darse conta de como as súas accións son percibidas por outros e que significan para eles mesmos.
Segundo vai progresando o curso, o énfases cambia de ser unha ampla exploración da mente a ser un estudo máis centrado na comedia e nos problemas puramente teatrais de como ser efectivo diante dun público.

O que pode esperar o participante logo da conclusión do curso, son resultados tanxibles que variarán desde unha inspirada mirada ás raíces psicolóxicas do humor e o seu funcionamento á construción precisa de humor, preparada para usar en teatro ou televisión.

Plan de Estudos:

· ¿Como é de forte ou poderoso o teu primeiro impacto na xente?
· Teoría do Narcisismo e da Actuación
· ¿Que arrebata o noso Interese Primario?
· Imos divertirnos roubando a atención da xente.
· Improvisacións Cómicas usando as nosas propias Identidades

Actuacións nos Bares 7:14 pm

Manolo LojoUn espectáculo creado e interpretado por Xosé A. Touriñán.

1º premio Concurso de Monólogos Pub D`Antón. Laracha (A Coruña) 2005.

1º premio Concurso de Monólogos Sikaru. Ferrol. 2005.

Manolo Lojo vaise suicidar, xa non ten gañas de vivir, todo se lle pon en contra, nada sae ben,… Pero antes de matarse ten que revelar un dos segredos mellor gardados de todos os tempos. Moitas veces as persoas non son o que aparentan e enganámonos ao xulgalas.

Actuacións nos Bares 7:11 pm

FrikikiFrikiki Show (Xoves 6. Pub Dog’s Bollocks. 23:00h)

Preparación: 60 min
Refrixeracion: toda a noite

Ingredientes:

- 3 personaxes de estatura media
- 1 guión absurdo
- 85 cl de música
- 500 g  de  vestuario variado
- 1 pizca de picante

Cociñar a lume lento, deixar enfriar e servir sulfatado con asucar glas.

Onde o absurdo cobra vida. Con David Perdomo, Su Moreno e Yolanda Paz.

Actuacións nos Bares 7:07 pm

ManitroupeShow de variedades. Espectáculo, sorpresa, diversión, festa, … Artistas de Manicómicos nun espectáculo para disfrutar sen fin.

Actuacións nas Rúas 11:26 am

FesticultoresUn pasarúas de música xitana dos Balcáns, fusionada con outros ritmos coma o reggae, ska, pasodoble, música electrónica, cumbia, …

Os Festicultores nacen e viven cunha misión : a de cultivar a semente da festicultura por todolos lugares onde actúan, coa que pretenden que afore o espírito máis festivo.

Festicultores é un proxecto vangardista que busca innovar dentro dos pasarúas, desmarcándose por completo do resto de charangas que xa hai. Achegando ó público un estilo de música que sen dúbida fará bailar e divertirse a toda a xente.

A charanga balcánica mais incrible do noroeste: Ventos, percusión e instrumentos de dificil clasificación. Veñan bailar coa cabra macabra!!!