Curso con Andrea Curto (Arxentina). Maquillaxe e Caracterización. Do 10 ao 14 de xullo
Datas: do 10 ao 14 de xullo
Duración: 20 horas
Horario: 16:00 – 20:00h
Prezo: 65 € socios / 100 € non socios
Lugar: Sala do Trinke. Rúa San Rosendo 10.
Aprende a utilizar as técnicas e recursos necesarios para a caracterización e creación de personaxes, adquirindo ademáis os coñecementos básicos da maquillaxe de efectos especiais. Co dominio das ferramentas apropiadas, o único límite é a túa imaxinación. O obxectivo será que aprendas a caracterizar o rostro, a deseñar os teus bocetos e a entender cal é o rol da maquillaxe nunha posta en escea.
• Recoñecemento de materiais
• Bases de maquillaxe: usos e diferencias
• Preparación do rostro
• Utilización do claro-escuro
• Envellecemento do pel
• Maquillaxe para clown, drag queen, etc
• Colocación de perrucas
• Bocetado e composición do personaxe
• Caracterización
• Tapado de cellas
• Pegado de próteses
• Colocación de calotas
• Feridas: queimaduras, cortes, golpes

