Curso con Leo Bassi (Italia). Buscando a nosa Identidade Cómica. Do 12 ao 14 de xullo
Buscando a nosa Identidade Cómica. "Cómo liberar as nosas aptitudes naturais para facer reír"
Datas: do 12 ao 14 de xullo
Duración: 12 horas
Horario: 10:00 – 14:00 h
Prezo: 130 € socios / 150 € non socios
Lugar: Forum Metropolitano
A través dos anos LEO desenvolveu un sistema que mestura a teoría con orixinais xogos psicolóxicos, que inducen aos participantes a descubrir máis deles mesmos segundo vanse intensificando estes exercicios. Un dos aspectos máis importantes destas sesións é que todos os participantes son continuamente estimulados a tomar alternativamente un papel activo e á vez de observador crítico. Isto alenta discusións francas obrigándolles a darse conta de como as súas accións son percibidas por outros e que significan para eles mesmos.
Segundo vai progresando o curso, o énfases cambia de ser unha ampla exploración da mente a ser un estudo máis centrado na comedia e nos problemas puramente teatrais de como ser efectivo diante dun público.
O que pode esperar o participante logo da conclusión do curso, son resultados tanxibles que variarán desde unha inspirada mirada ás raíces psicolóxicas do humor e o seu funcionamento á construción precisa de humor, preparada para usar en teatro ou televisión.
Plan de Estudos:
· ¿Como é de forte ou poderoso o teu primeiro impacto na xente?
· Teoría do Narcisismo e da Actuación
· ¿Que arrebata o noso Interese Primario?
· Imos divertirnos roubando a atención da xente.
· Improvisacións Cómicas usando as nosas propias Identidades


¡Vaya verano de pobres actuaciones! ¿Qué ha pasado con los artistas de verdad?
Comment by CAM — July 7, 2006 @ 6:53 pm