Mariclown son Clara González Domínguez, Sabela Amado Rojo e Teresa Rañal Pol. O grupo nace en 2002, adicándose á creación de pequenos espectáculos para ó Día da Muller e para as Xornadas Contra a Violencia de Xénero dese mesmo ano. Seu estilo é unha fusión de teatro, circo e cabaret.
Día tras Día (espectáculo gañador do certame de interior do Festiclown 2003 ): A vida de Rosa, reflexo dunha muller destes tempos, é posta en escea por tres pallasas utilizando unha linguaxe cercana ao cabaret, con abundantes momentos cómicos de forte ironía caracterizados por un uso maxistral do playback.

