En xaneiro de 1996 aparece por primeira vez a familia Floz nunha mina de carbón parada en Bochum.Tardan varios días en saír da escuridade a través dun profundo pozo.
Un grupo de estudantes que acaba de finalizar os seus estudos na Escola Superior de Folkswang en Essen desenvolve unha nova forma de teatro moi inusual: teatro con máscaras. Familie Flöz convértese nunha receita secreta nos ambientes de teatro e comedia alemán e entusiasma pola mestura exquisita de arte, música, maxia, teatro de paiasos e máscaras.
Considerado en numerosos festivais como obra modelo do Ruhrpot, recibe así mesmo ademais das mellores críticas distintos premios (Premio do festival “Theaterzwang 96” NRW, 1.premio do “Internationales Gauklerfestival” en Koblenz). Tras varias actuacións nos festivales de Freiburg, Magdeburg, Zúrich, Rastatt, Colonia, Stuttgart, Saarbrücken, Braunschweig, Múnich, etc, actúan como grupo invitado en toda Europa (Austria, Suíza, Eslovaquia, Francia, España, Bélxica, Holanda, Dinamarca, Chinesa e Italia).

