Cabaret Manicómicos: Gloom Compañía formanda no eido da Asociación Cultural Manicómicos da Coruña. Tras un amplo período de experimentación na linguaxe do cabaret contemporáneo, estrea no Festival esta creación colectiva.

1. estado de parcial escuridade onde aínda se percibe un chisco de luz
2. sentimento de infelicidade ou desesperanza

“Nun vaso esquecida esvaece unha flor, movendo a miña alma a través de fíos invisibles. Engaiolada na realidade, os meus soños non hai quen os someta.Son centos de ilustracións a toda cor. Véndovos o meu silencio, a miña almofada de plumón, un tendedeiro de bolsas lavadas, a miña batedora bailarina. Juapa, juapa, non é… pero ten un pelaso… Quero comer enriba de ti, perseguida polo teu peito roto. Fódeme na sombra. Todos miran pero ninguén está. Aquí abaixo abaixo, cerca das raíces, é onde a memoria ningún recordo omite. Aproveitando a penumbra e tamén os eclipses, coa súa fe veterana,o subterráneo subsiste.”

Un espectáculo innovador de cabaret subterráneo, ambientado no soto lúgubre dun edificio suburbano, creado integramente pola compañía Manicómicos baixo a dirección de Marta Pazos. Un desfile de seres perdidos que conviven entre o lixo útil e a memoria feble de quen non ve a luz.

Xénero: cabaret
Público: maiores de 14

Reparto: Cristina Ramallal, Mercedes Calderón, Keke Díez, Vanessa Rivas, Mar Sande, Patxi Rodríguez, Débora Silva, Yolanda Paz, Carlos Sante, Susana Moreno, Isabel Risco e David Perdomo.

Vestiario: Yolanda Paz, Mar Sande, Susana Moreno
Deseño iluminación: Carlos Sante
Deseño escénico: Marta Pazos, Carlos Sante
Técnico luz e son: Germán Gundín
Fotografía: Marcos Pereiro
Produción: A.C. Manicómicos
Dirección: Marta Pazos
Axud. Direcc: Germán Gundín, David Perdomo

Podedes acceder ás taquillas de todas as actuacións do festival no seguinte enlace: Taquillas Caixa Galicia en "La Voz de Galicia"