Leo BassiRecoñecido mundialmente polas súas actuacións en solitario e polos seus extravagantes shows teatrais, Leo Bassi descende dunha antiga liñaxe de comediantes excéntricos vidos de Italia, Francia e Inglaterra. Durante 130 anos. O seu pai, Leo Bassi senior , renomeado malabarista, traballou nos Estados Unidos (onde naceu Leo en 1952) con artistas tan notables como Groucho Marx, Louis Armstrong e Ed Sullivan. Leo Bassi herdou todos os trucos da profesión (foi citado na Enciclopedia Oxford das Artes Escénicas). Con todo máis que continuar unha tradición teatral, o seu propósito é manter vivo, na realidade de hoxe, o espírito tarambana e provocador. Para Leo, o entretemento non só é pracer e diversión, ¡é unha escusa!. O significado real de calquera espectáculo debería ser máis que nada, dar á xente unha experiencia apaixonante, sensacional, estremecedora.

http://www.leobassi.com