Familie Flöz: Teatro Desilusio Unha das máis prestixiosas compañías europeas, que xoga con innumerables facetas do teatro, creando un espazo máxico cheo de humanidade conmovedora.

A familia Flöz habita nas entrañas da terra. A través dun pozo profundo, conseguen, por primeira vez e de forma sorprendente, saír á luz do día. Impresionados polo novo espazo vital acometen a tarefa de construír un aloxamento. Aínda se oen os trinos dos paxaros, un antigo hippy desliza os seus dedos sobre as cordas da súa vella guitarra e a luz da aurora tingue a mañá de difuminada melancolía.

É entón cando fai a súa aparición a tolemia cotiá: O home contra o home, o home contra a muller, o capataz contra o peón e viceversa. Persoas normais, como ti e como eu, xorden das entrañas da terra e irrompen na escena…

A maxia dos seus efectos ( o ascensor, a cadea de montaxe, a escaleira mecánica ou un brazo que se alarga en dimensións sobrehumanas ) confiren ao espectáculo un atractivo especial. É todo un microcosmos ó que dá lugar a harmonía entre movemento música e iluminación.

"Flöz-City" chega a ser durante 90 minutos o centro do universo.

"Teatro Desilusio" xoga coas innumerables facetas do mundo do teatro; entre escenario e contra-escenario, entre a ilusión e a desilusión xerando un espazo máxico cheo dunha humanidade conmovedora.

Nesta obra a parte de diante convértese na de detrás e a de detrás na de diante. Por unha banda está o escenario, que só podemos intuír, onde se presentan todos os xéneros do teatro, desde ópera opulenta, pasando por desenfrenados combates de espada e conspiracións a sangue frío, ata ardentes escenas de amor.

Do outro lado atopámosnos con tres incansables tramoyistas, Bob, Bernd e Iván, que loitan por alcanzar a súa felicidade.

Elenco: Bjön Leese, Michael Vogel, Hajo Schüler, Paco Gonzalez

Podedes acceder ás taquillas de todas as actuacións do festival no seguinte enlace: Taquillas Caixa Galicia en "La Voz de Galicia"