TrotonixKike Calderón Heredia é Trotonix, malagueño que chega dende Madrid para ofrecer o seu espectáculo de equilibrismo, malabares, humor, …

Momentos da vida cotiá elixidos ao azar e ao libre albedrío. Trotonix anda solto.Mil pensamentos absurdos zumban na súa cabeza. ¿Como pasa duns a outros?; nin sequera el o sabe.

¿Seica non é un disparate vestirse de gala para facer unha homenaxe á bebida máis coñecida e menos saboreada da historia?

¡ ¡ ¡ O Biterkas! ! ! (É o que ten).

O delirio diario, que é a propia vida, vista a través da peculiar mirada deste paiaso, que lle fala de ti ao ridículo. Ao final, nun ataque de lucidez darao todo polo todo, por un último aplauso do público.