Convocatoria aos medios de comunicación:

DÍA:       Mércores 14 de xuño de 2006
HORA:    11:00h
LUGAR:   Auditorio do Forum Metropolitano

A asociación Manicómicos invítalles á presentación-espectáculo do III Festival Internacional de Teatro Cómico "Manicómicos".

Asistirán representantes do Concello da Coruña, membros da directiva de Manicómicos e invitados sorpresa.

Este ano o festival conta coas actuacións, entre outros artistas, de Leo Bassi (Italia), Pierre Byland (Suiza), Familie Flöz (Alemaña), Mofa e Befa, San & San, Berrobambán (Galicia).

Leo Bassi actuará por primeira vez na Coruña e farao no Palacio da  Ópera co seu polémico espectáculo "A Revelación", dentro das actuacións do festival.

Nesta edición, programáronse múltiples actuacións e accións culturais e festivas que se darán a coñecer na rolda de prensa.

Agradecemos de antemán a súa presenza.

Comisión de Medios do Festival Manicómicos