rolda de prensa O aperitivo comezou cunha rolda de prensa-espectáculo que contou con invitados de excepción que formarán parte do festival. Nunca unha rolda de prensa foi tan divertida.

Willy Éter e Agustín Fernández presentaron o contido do festival aos medios, pero a aparición de extraños personaxes complicaban o evento: artistas buscando espectáculo, supostos cómicos suízos que falan galego e un sinfín de sopresas inundaron o forum metropolitano baixo a atenta, sorprendida e divertida mirada de reporteiros gráficos e periodistas de diferentes medios de comunicación.

O Festival xa está aquí, queda ben pouco para que comece e a cidade está preparada para un engalanamento con carteis, trípticos, … seguro que os atoparedes por ahí, burbullas de humor andan soltas pola cidade, andade con ollo.

As entradas xa están á venda no Kiosco da Praza de Ourense e en teletaquilla, sería bo ir reservando un bo sitio para os espectáculos.