A asociación cultural Manicómicos, ante as presións recibidas por parte de grupos políticos e particulares para retirar da programación do III Festival Internacional de Teatro Cómico o espectáculo "La Revelación" do actor italiano Leo Bassi, desexa manifestar o seguinte:
1º) A Asociación Cultural Manicómicos respeita profundamente todas as ideoloxías políticas, crenzas relixiosas e manifestacións públicas de todos os cidadáns, ata das persoas que manifestan a súa disconformidade coa representación de "La Revelación" de Leo Bassi na nosa cidade e que piden a retirada do espectáculo e as subvencións ao noso festival.
2º) A Asociación Cultural Manicómicos é unha asociación sen ánimo de lucro, aconfesional e apolítica e non desexa entrar en polémicas alleas ao ámbito da súa actividade, que é a promoción e difusión da comedia e a formación dos seus socios nas artes escénicas e circenses.
3º) A responsabilidade da selección dos artistas que compoñen o cartel do festival, é únicamente de Manicómicos.
4º) Manicómicos en ningún caso vai retirar da programación do seu festival o espectáculo "La Revelación" de Leo Bassi, cómico italiano de prestixio internacional e calidade contrastada polo público e a crítica, herdeiro dunha tradición familiar de pallasos italianos que se remonta a varias xeracións de artistas.
Por todo o anteriormente exposto, a A.C. Manicómicos decidíu non publicar máis comunicados sobre este tema para non desviar a atención dun festival de teatro cómico cuia única finalidade, ademais da formativa, é ofrecer ao público adulto e infantil espectáculos de calidade de diferentes artistas co nexo común do sentido do humor e a imaxinación, elementos indispensables para a convivencia pacífica das persoas.

