A asociación cultural Manicómicos, ante as presións recibidas por parte de grupos políticos e particulares para retirar da programación do III Festival Internacional de Teatro Cómico o espectáculo "La Revelación" do actor italiano Leo Bassi, desexa manifestar o seguinte:
1º) A Asociación Cultural Manicómicos respeita profundamente todas as ideoloxías políticas, crenzas relixiosas e manifestacións públicas de todos os cidadáns, ata das persoas que manifestan a súa disconformidade coa representación de "La Revelación" de Leo Bassi na nosa cidade e que piden a retirada do espectáculo e as subvencións ao noso festival.
2º) A Asociación Cultural Manicómicos é unha asociación sen ánimo de lucro, aconfesional e apolítica e non desexa entrar en polémicas alleas ao ámbito da súa actividade, que é a promoción e difusión da comedia e a formación dos seus socios nas artes escénicas e circenses.
3º) A responsabilidade da selección dos artistas que compoñen o cartel do festival, é únicamente de Manicómicos.
4º) Manicómicos en ningún caso vai retirar da programación do seu festival o espectáculo "La Revelación" de Leo Bassi, cómico italiano de prestixio internacional e calidade contrastada polo público e a crítica, herdeiro dunha tradición familiar de pallasos italianos que se remonta a varias xeracións de artistas.
Por todo o anteriormente exposto, a A.C. Manicómicos decidíu non publicar máis comunicados sobre este tema para non desviar a atención dun festival de teatro cómico cuia única finalidade, ademais da formativa, é ofrecer ao público adulto e infantil espectáculos de calidade de diferentes artistas co nexo común do sentido do humor e a imaxinación, elementos indispensables para a convivencia pacífica das persoas.


Manifesto a prol de Leo Bassi
A asociación Manicómicos responde as presións para eliminar o espectáculo de Leo Bassi.
Trackback by chuza.org — July 2, 2006 @ 11:21 am
Meu apoio a vos e a Leo Bassi. A min case me meten unha bomba no teatro, despois no Bassibus fomos presionados por sectos sectores que nos perseguian cos seus coches (preguntadelle), e agora….isto. Moito animo, o que haberia que facer e darlles un estrado a eses que se queixan. Eu pagaria por ir a velos se me deixades levar flocos de millo
Comment by Mariano Grueiro — July 3, 2006 @ 9:30 am
¿Ein? ¿Seica tolearon ou qué? Pois si así están as cousas significa que nesta ciudade fan falla moitos espectáculos como o de Bassi.
Eu xa teño aquí as miñas entradas (o que non sei aínda é canda quen vou ir
). E máis feliz que outra cousa.
O cartel deste ano e moi bo. Os meus parabens á organización.
Comment by Nuala — July 3, 2006 @ 12:32 pm
Graciñas polos apoios e ánimos, e esperamos que disfrutedes do festival.
Comment by festivalmanicomicos — July 5, 2006 @ 12:35 pm
It is a shame that the art world has to stoop so low as to employ terrible “actors” like Leo Bassi who can only produce rubbish. That is not art!
Comment by Mac — July 7, 2006 @ 5:55 pm
Arte es la aplicación de la habilidad y del gusto a la producción de una obra según principios estéticos. El “payaso” Leo Bassi no sabe nada de eso.
Comment by Mac — July 7, 2006 @ 6:33 pm
Aquí estamos, pues, presos de la burla lanzada por un simple “payaso” llamado Leo Bassi; un “artista” fracasado.
Comment by CAM — July 7, 2006 @ 6:48 pm
1º- arte… ¿qué é arte? moitas interpretacións ao longo do tempo. ¿Leo Bassi arte?, depende a definición que empregues, todo neste mundo forma parte da interpretación. En calqueira caso Leo ten moito que dicir e faino dunha maneira tan válida coma outra, é a súa maneira, e moitos de nós estamos interesados no que ten que dicir e iso é suficiente.
2º- Un simple paiaso… un paiaso, un clown, un bufón, todo isto é traballo de anos e anos de actuacións, de buscarse a sí mesmo, de buscar nos demáis, de vivir experiencias e de ver como as viven os demáis, de atopar a súa verdadeira autenticidade. Se isto é simple, pois viva a simpleza.
3º- É certo que Leo emprega a provocación como elemento fundamental dos seus espectáculos. Ise é a obriga dun bufón, provocar, desorientar, burlarse, denunciar, … Todo isto ten que interpretarse persoalmente, sen rixideces, sen axiomas, sen verdades universais, …
Non teño moito máis que dicir, simplemente sería bo gastar enerxías en buscar o que a cada uno nos guste en vez de perseguir ao que fai o que non nos gusta.
Comment by Administrator — July 8, 2006 @ 4:11 am
La libertad de expresion es un derecho y mas en el mundo del arte, al que no le guste leo bassi que no lo vea y a los que si, que nos dejen en paz, odio la intolerancia y el catetismo intransigente
Comment by Mr Free — July 8, 2006 @ 7:31 pm