pasaruasO sábado foi inaugurado oficalmente polo emperador do humor o festival manicómicos. O pasarúas inaugural percorreu a cidade enchendo de alegría e colorido as rúas coruñesas. A xente participou activamente e seguiu a esta comitiva ata María Pita, onde comezarona as actuacións de rúa.

En María Pita se sucederon os malabares, bufóns, máscaras, clowns, mimos, personaxes do humor, … para posteriormente dar por inaugurado o festival mediante un acto solemne do emperador do humor.

Logo diso foi tempo para as primeiras actuacións de rúa. O escenario estaba cheo de xente que non foron defraudados polo estético e divertido espectáculo que ofreceron os primeiros artistas.

Donas e Cabaleiros, isto só está comezando, o espectáculo continúa …