Primeira actuación no Dog’s Bollocks
A noite é moi longa, pero hoxe fíxose curta gracias aos artistas da Manitroupe que fixeron as delicias do público que encheu o Pub Dog’s Bollocks para disfrutar dunha noite de risas e espectáculo. Dende inmigrantes rumanos, xitanas andaluzas, cociñeiros de prestixo, coruñeses de sempre, vendedores de enciclopedia pouco convincentes, clowns, … Unha variedade de artistas que encheu de colorido a noite coruñesa que continuará hoxe co espectáculo Frikiki Show.

