Mofa e Befa triunfaron no Rosalía
Non podía ser doutra forma, e Mofa e Befa conseguiron abarrotar o Teatro Rosalía de xente. O espectáculo gustou, e moito. O humor étnico-musical, fixo que por momentos dubidáramos das auténticas cualidades de cada un dos actores, xa que as súas habilidades van moito máis alá das técnicas teatrais e as frases ocurrentes. Un espectáculo ademáis con marcados tintes reivindicativos da tolerancia, a convivencia e a mestizaxe. Toda unha lección.

