NovidadesJuly 10, 2006 11:57 pm
De novo os espectáculos do festival manicómicos sorprenderon aos asistentes. Porque non todo é fútbol, moita xente disfrutou como nunca da emoción do directo, da comunicación entre actores e público, da profesionalidade d@s artistas. "Mariclown" e "Divina de la muerte" foron as elixidas para a ocasión, e por suposto, non defraudaron.
O festival empeza a súa recta final, non perdades o que queda se non queredes arrepentirvos. Leo Bassi chega mañá e actuará o xoves no "Palacio de la Ópera".

