revelacion Na entrada Os Festicultores animaban o ambiente, mentres os espectadores de última hora (que non eran poucos) esperaban pacientemente a cola para sacar a súa entrada.

Leo Bassi mostrou na Coruña que é un auténtico bufón, por instinto e por convicción. Explicou o absurdo e incoherente de cada postulado relixioso se é analizado dende o punto de vista da racionalidade, e mostrou o seu carácter rebelde e inconformista, contaxiando del ao público presente. E todo isto facendo rir, divertindo e sorprendendo, algo ao que xa nos ten acostumados.