Actuacións en SalasJune 9, 2006 12:24 am

Cabaret Manicómicos: Gloom Compañía formanda no eido da Asociación Cultural Manicómicos da Coruña. Tras un amplo período de experimentación na linguaxe do cabaret contemporáneo, estrea no Festival esta creación colectiva.

1. estado de parcial escuridade onde aínda se percibe un chisco de luz
2. sentimento de infelicidade ou desesperanza

“Nun vaso esquecida esvaece unha flor, movendo a miña alma a través de fíos invisibles. Engaiolada na realidade, os meus soños non hai quen os someta.Son centos de ilustracións a toda cor. Véndovos o meu silencio, a miña almofada de plumón, un tendedeiro de bolsas lavadas, a miña batedora bailarina. Juapa, juapa, non é… pero ten un pelaso… Quero comer enriba de ti, perseguida polo teu peito roto. Fódeme na sombra. Todos miran pero ninguén está. Aquí abaixo abaixo, cerca das raíces, é onde a memoria ningún recordo omite. Aproveitando a penumbra e tamén os eclipses, coa súa fe veterana,o subterráneo subsiste.”

Un espectáculo innovador de cabaret subterráneo, ambientado no soto lúgubre dun edificio suburbano, creado integramente pola compañía Manicómicos baixo a dirección de Marta Pazos. Un desfile de seres perdidos que conviven entre o lixo útil e a memoria feble de quen non ve a luz.

Xénero: cabaret
Público: maiores de 14

Reparto: Cristina Ramallal, Mercedes Calderón, Keke Díez, Vanessa Rivas, Mar Sande, Patxi Rodríguez, Débora Silva, Yolanda Paz, Carlos Sante, Susana Moreno, Isabel Risco e David Perdomo.

Vestiario: Yolanda Paz, Mar Sande, Susana Moreno
Deseño iluminación: Carlos Sante
Deseño escénico: Marta Pazos, Carlos Sante
Técnico luz e son: Germán Gundín
Fotografía: Marcos Pereiro
Produción: A.C. Manicómicos
Dirección: Marta Pazos
Axud. Direcc: Germán Gundín, David Perdomo

Podedes acceder ás taquillas de todas as actuacións do festival no seguinte enlace: Taquillas Caixa Galicia en "La Voz de Galicia"

Actuacións en Salas 12:20 am

San e San: Bar Compañía coruñesa que aposta fundamentalmente por un teatro de humor xestual e físico a partir de ideas orixinais presenta un espectáculo cómico-patético sobre a condición humana nos bares. Un xogo de personaxes, actitudes e situacións que todos nalgún momento das nosas vidas puidemos contemplar con asombro e mesmo vivir diante ou detrás da barra dun bar. Un espello cotián onde poder ver ese pedazo de barra que todos levamos dentro.“Tómalle unha que pajo eu”

Reparto, idea, textos, dirección e produción: Pablo Sánchez, Carlos Sante e Joaquín Domínguez
Vestiario, atrezzo, maquillaxe: San&San
Deseño iluminación: Carlos Sante
Técnico de luz e son, gravación banda sonora: Dani Pais   
Deseño e realización da escenografía: Juán Carlos Guerra
Gravación vídeo e autoría DVD: Jaime Burés Cuco
Deseño cartel: Manel Cráneo

Podedes acceder ás taquillas de todas as actuacións do festival no seguinte enlace: Taquillas Caixa Galicia en "La Voz de Galicia"

Actuacións en Salas 12:10 am

Familie Flöz: Teatro Desilusio Unha das máis prestixiosas compañías europeas, que xoga con innumerables facetas do teatro, creando un espazo máxico cheo de humanidade conmovedora.

A familia Flöz habita nas entrañas da terra. A través dun pozo profundo, conseguen, por primeira vez e de forma sorprendente, saír á luz do día. Impresionados polo novo espazo vital acometen a tarefa de construír un aloxamento. Aínda se oen os trinos dos paxaros, un antigo hippy desliza os seus dedos sobre as cordas da súa vella guitarra e a luz da aurora tingue a mañá de difuminada melancolía.

É entón cando fai a súa aparición a tolemia cotiá: O home contra o home, o home contra a muller, o capataz contra o peón e viceversa. Persoas normais, como ti e como eu, xorden das entrañas da terra e irrompen na escena…

A maxia dos seus efectos ( o ascensor, a cadea de montaxe, a escaleira mecánica ou un brazo que se alarga en dimensións sobrehumanas ) confiren ao espectáculo un atractivo especial. É todo un microcosmos ó que dá lugar a harmonía entre movemento música e iluminación.

"Flöz-City" chega a ser durante 90 minutos o centro do universo.

"Teatro Desilusio" xoga coas innumerables facetas do mundo do teatro; entre escenario e contra-escenario, entre a ilusión e a desilusión xerando un espazo máxico cheo dunha humanidade conmovedora.

Nesta obra a parte de diante convértese na de detrás e a de detrás na de diante. Por unha banda está o escenario, que só podemos intuír, onde se presentan todos os xéneros do teatro, desde ópera opulenta, pasando por desenfrenados combates de espada e conspiracións a sangue frío, ata ardentes escenas de amor.

Do outro lado atopámosnos con tres incansables tramoyistas, Bob, Bernd e Iván, que loitan por alcanzar a súa felicidade.

Elenco: Bjön Leese, Michael Vogel, Hajo Schüler, Paco Gonzalez

Podedes acceder ás taquillas de todas as actuacións do festival no seguinte enlace: Taquillas Caixa Galicia en "La Voz de Galicia"

Actuacións en Salas 12:05 am

Mofa e Befa: Sempre ao Lonxe Unha das compañías de máis nome do panorama galego, creadora do chamado "humor perralleiro", presenta o seu novo e tan agardado espectáculo étnico-musical.

Atendendo o emotivo chamado do presidente Zapatero de cara a xuntar esforzos para acadar unha alianza de civilizacións, Mofa e Befa resolveron facer unha significativa aportación a tan digna empresa, botando man do seu talento e creando, unha vez máis, unha obra de carácter didáctico que vai espallar por todo o planeta  esta idea tan bonita do noso presidente estatal.
 
Xa levamos recibidos centos de telegramas de agradecemento por ter tomado esta iniciativa. Cabe destacar o apoio incondicional mostrado cara este espectáculo por persoeiros da importancia de Alfredo Rubalcaba, Esperanza Aguirre, Rodrigo Rato, José Saramago, Kofi Annan, Manu Chao, Karina Fallagan e outros que por seren menos importantes non citamos.

Nesta magna peza documental o espectador  poderán ver de preto representantes das etnias máis estrafalarias; Romenos da Arousa, Moinantes Sicilianos e Flamencos Abertzales. Unha amalgama única que pasa por diante mesmo da romaría internacional, no que a cousas raras se refire.

De forte contido músical, esta obra pretende ser o cerne dun espectáculo operístico que produciremos no futuro, se é que apañamos unha subvención a xeito. Os xéneros van do rock á tarantela pasando pola rumba vasca e máis pola repichoca palermitana. Un amplo abano que, se ben non dá para flipar polas pernas, polo menos dá para despistar ao respetable e agochar as eivas dos executantes.

É o noso desexo que os espectadores saian da sala sentíndose máis próximos aos seus semellantes doutras terras e sentíndose tamén un pouco máis intelixentes. Ou cando menos, máis intelixentes ca nós.

Reparto: Evaristo Calvo, Victor Mosqueira, Piti Sanz

Podedes acceder ás taquillas de todas as actuacións do festival no seguinte enlace: Taquillas Caixa Galicia en "La Voz de Galicia"

Actuacións en Salas 12:02 am

Berrobamban: DiariamenteDiariamente, unha obra con autoría e dirección de José Campanari, na que catro personaxes transitan por situacións cotiás que os fan entrar en xogo cos obxectos que se utilizan habitualmente para ler, almorzar ou cociñar.

O elenco intégrano Paula Carballeira, Chiqui Pereira, Teresa Rodríguez e Manolo Vázquez.

Podedes acceder ás taquillas de todas as actuacións do festival no seguinte enlace: Taquillas Caixa Galicia en "La Voz de Galicia"

Actuacións en SalasJune 8, 2006 11:59 pm

Pierre Byland: ConfusionUn espectáculo da compañía "Les Fusains". E unha homenaxe ás técnicas revolucionarias do grande mestre francés do teatro contemporáneo Jacques Lecoq. Unha observación concienzuda, divertida e intelixente do comportamento humano a través do estudo do seu corpo en movemento, co emprego de técnicas de máscara, clown mimo e acrobacia.

Reparto: Mareike Schniyker, Pierre Byland

Podedes acceder ás taquillas de todas as actuacións do festival no seguinte enlace: Taquillas Caixa Galicia en "La Voz de Galicia"

Actuacións en Salas 11:45 pm

Leo Palacio Opera CoruñaVivimos un enorme paradoxo.

Nunca tiveramos tanta tecnoloxía, nunca a ciencia chegara tan lonxe pero tampouco nunca en moito tempo volvera o pensamento escurantista das sectas(cienciología…etc), fundamentalismos, e esoterismos varios con tanta forza.

Parece mentira, pero ata na nova constitución europea, o texto final deu  lugar a duras batallas para saber se se debía incluír ou non un apartado citando as raíces cristiás do continente e con todo non se dedicou nin unha palabra en cuestionar se a filosofía grega e latina merecían tamén un recoñecemento como alicerces fundamentais que son de Europa.

Os Bufóns, antiga institución e parte tamén esencial da tradición europea -magníficos transmisores do importante dereito de poder burlarse de todo do que tampouco se fala na nova constitución-, sempre loitaron contra o escurantismo xunto ós intelectuais, os creadores e tódolos homes libres en defensa da razón.

Eu, Leo Bassi, como bufón que son, sento que chegou de novo o momento de comezar a loita por salvar a intelixencia. En nome de Descartes, Averroes, Sócrates, Confucio, Kant, Einstein e dos filósofos e científicos de tódolos tempos, eu digo "!Ata os Collóns!'’ de tanta superstición, dos mercadores do escurantismo e do medo.

Prepárense: chegou a hora da nova "Revelación".

ASINADO: Leo Bassi

Podedes acceder ás taquillas de todas as actuacións do festival no seguinte enlace: Taquillas Caixa Galicia en "La Voz de Galicia"