Actuacións nas RúasJune 9, 2006 11:26 am

FesticultoresUn pasarúas de música xitana dos Balcáns, fusionada con outros ritmos coma o reggae, ska, pasodoble, música electrónica, cumbia, …

Os Festicultores nacen e viven cunha misión : a de cultivar a semente da festicultura por todolos lugares onde actúan, coa que pretenden que afore o espírito máis festivo.

Festicultores é un proxecto vangardista que busca innovar dentro dos pasarúas, desmarcándose por completo do resto de charangas que xa hai. Achegando ó público un estilo de música que sen dúbida fará bailar e divertirse a toda a xente.

A charanga balcánica mais incrible do noroeste: Ventos, percusión e instrumentos de dificil clasificación. Veñan bailar coa cabra macabra!!!

Actuacións nas Rúas 11:26 am

Nados na escola de circo de Londres, son os abandeirados do Novo Circo Galego.

Actuacións nas Rúas 11:26 am

Ex-membro de Malabaranda. Un malabarista de técnica moi traballada capaz de facer as cousas mais incribles.

Actuacións nas Rúas 11:25 am

Este conocido clown galego sorprenderanos cun espectáculo de Hapening na rúa.

Actuacións nas Rúas 11:25 am

Este galego matemático dos malabares deleitaranos cun espectáculo onde nos amosa a un medico da Seguridade Social pasado de rosca.

Actuacións nas Rúas 11:25 am

Esta arxentina afincada en Madrid, conta cunha dilatada formación en diferentes escolas de circo (Carampa, Circo Criollo). Despois de arrasar en festivales tan importantes como o de Valladolid co seu show "Miss DIU" este ano preséntanos o seu novo espectáculo que ten de prato forte habilidades con monociclo e acrobacias.

Actuacións nas Rúas 11:24 am

Mariclown son Clara González Domínguez, Sabela Amado Rojo e Teresa Rañal Pol. O grupo nace en 2002, adicándose á creación de pequenos espectáculos para ó Día da Muller  e para  as Xornadas Contra a Violencia de Xénero dese mesmo ano. Seu estilo é unha fusión de teatro, circo e cabaret.

Día tras Día (espectáculo gañador do certame de interior do Festiclown 2003 ): A vida de Rosa, reflexo dunha muller destes tempos, é posta en escea por tres pallasas utilizando unha linguaxe cercana ao cabaret, con abundantes momentos cómicos de forte ironía caracterizados por un uso maxistral do playback.

Actuacións nas Rúas 11:23 am

Pablo Reboleiro é Pablo Trasno (clown, acróbata e malabarista).

Trasno é un personaxe con xa 5 anos de experiencia e madurez nas distintas rúas e prazas do mundo. Xurdiu como unha proposta para café-teatro pero axiña se desenvolveu para conquerir espazos máis grandes. Creado en Galicia por Pablo Reboleiro, no ano 2001, non tivo moito tempo para verse por estas terras xa que emigrou con el para Londres nese mesmo ano. Alí estudiou na Escola de Circo “The Circus Space”, onde estivo a vivir catro anos. Alí desenvolveuse co seu creador participando en diversos festivais de teatro de rúa e circo. Volveu fielmente para Galicia cada verán, onde traballou en festivais como DeGorra! en Compostela (2004, 2005), Repercusion (2004, 2005) ou o festival de teatro de rúa da Estrada (2002, 2004). Outras actuacións salientables poden ser: Festival Bambalinas en Buenos Aires, Arxentina (2004), Anjos do Picadeiro no Río de Janeiro (2004), Luknow, India (2003) e Beslan Rusia (2005).

Poderiamos clasificar Trasno coma un espectáculo por un lado de humor e carallada co que a xente se identifica e participa (xa sexa activamente ou só coa súa voz), un espectáculo por e para o público con situacións hilarantes, outras que tocan o corazón e outras que aí pinchan un pouquiño xa que falan de nós mesmos e das nosas manías e defectos. Por outro lado é un espectáculo sorprendente con ese espírito circense do “máis difícil todavía” que deixa abertas as bocas de boa parte do público. Os nenos soñan co que serán de maiores e os maiores recordan o que soñaban cando eran nenos. En definitiva, un espectáculo plural e multidisciplinar para toda a familia. Música, circo, teatro, baile e danza para o desfrute de tod@s.

Actuacións nas Rúas 11:22 am

TrotonixKike Calderón Heredia é Trotonix, malagueño que chega dende Madrid para ofrecer o seu espectáculo de equilibrismo, malabares, humor, …

Momentos da vida cotiá elixidos ao azar e ao libre albedrío. Trotonix anda solto.Mil pensamentos absurdos zumban na súa cabeza. ¿Como pasa duns a outros?; nin sequera el o sabe.

¿Seica non é un disparate vestirse de gala para facer unha homenaxe á bebida máis coñecida e menos saboreada da historia?

¡ ¡ ¡ O Biterkas! ! ! (É o que ten).

O delirio diario, que é a propia vida, vista a través da peculiar mirada deste paiaso, que lle fala de ti ao ridículo. Ao final, nun ataque de lucidez darao todo polo todo, por un último aplauso do público.

Actuacións nas Rúas 11:18 am

Acrobacias en trapecio e telas.