San&San é unha compañía de teatro nacida no 2000 na Coruña, integrada por Pablo Sánchez e Carlos Sante. Aposta fundamentalmente por un teatro de humor xestual e físico e crea os seus proprios traballos a partires de ideas orixinais.
Dende o 2001 ven educando a novos valores na súa escola da “Sala do Trinke” da Coruña, con talleres de formación actoral en técnicas como o teatro físico, a máscara, o clown, a commedia dell’arte, a improvisación, a creación de personaxes, a acrobacia, o claqué … Nos últimos anos inclúe como ensino a interpretación ante a cámara e produce, a nivel amador, unha serie de curtametraxes cos seus alumnos.

