NovidadesJuly 17, 2006 8:07 pm

frediO festival se despide ata o ano que ven, e faino cunha morea de actuacións de rúa. Felix, Fredi, Cote e Simone. O galego Fredi combina o seu talento cos malabares, co seu dominio do clown e o mimo, demostrando que a improvisación tamén é o seu. Simone presenta o seu espectáculo que ven desde a lonxana Nápoles, combinando malabares, acrobacias e unha vistosa e difícil roda de ferro coa que fai números imposibles.

Novidades 8:02 pm

gloomUn patético vendedor de enciclopedias pérdese dentro dun edificio, e atopa sen querelo a uns extraños seres que habitan nos baixos da cidade. Seres fantásticos, incríbles, con costumes extrañas e suxerentes que ensinan e descobren o seu mundo ao vendedor e ao espectador. Todo isto con diferentes números musicais adornando un magnífico espectáculo.

Novidades 7:50 pm

coteCote e Verito fixeron da praza de María Pita unha festa, cos seus malabares, acrobacias, inxeniosas frases e diferentes trucos. Un sábado de teatro na rúa, de espectáculo ao aire libre, de diversión para tod@s, …

Novidades 7:45 pm

felixActuaron Felix e o malabarista galego Cote. Felix ofreceu un espectáculo divertido, con moita interacción cos espectadores e que divertiu a nenos e maiores. Cote misturou o seu grande dominio do diávolo e as mazas con toques humorísticos e colaboracións do público que fixeron rir aos asistentes. O público o agradeceu con sonoros aplausos.

Novidades 7:35 pm

sanesanbarSan e San son garantía de diversión, e o seu espectáculo "Bar" ademáis ofrece o poder ver situacións cotidianas que todos temos en mente e das que sempre podemos sacar o lado interesante, cómico, divertido, estimulante, …

En escena aparecen xente patética, cómica, primitiva, escrupulosa, insistente, … é dicir, todo o que podemos atopar nun bar calqueira un día calqueira. Para non perder.

Novidades 7:21 pm

revelacion Na entrada Os Festicultores animaban o ambiente, mentres os espectadores de última hora (que non eran poucos) esperaban pacientemente a cola para sacar a súa entrada.

Leo Bassi mostrou na Coruña que é un auténtico bufón, por instinto e por convicción. Explicou o absurdo e incoherente de cada postulado relixioso se é analizado dende o punto de vista da racionalidade, e mostrou o seu carácter rebelde e inconformista, contaxiando del ao público presente. E todo isto facendo rir, divertindo e sorprendendo, algo ao que xa nos ten acostumados.

NovidadesJuly 10, 2006 11:57 pm

veritoDe novo os espectáculos do festival manicómicos sorprenderon aos asistentes. Porque non todo é fútbol, moita xente disfrutou como nunca da emoción do directo, da comunicación entre actores e público, da profesionalidade d@s artistas. "Mariclown" e "Divina de la muerte" foron as elixidas para a ocasión, e por suposto, non defraudaron.

O festival empeza a súa recta final, non perdades o que queda se non queredes arrepentirvos. Leo Bassi chega mañá e actuará o xoves no "Palacio de la Ópera".

NovidadesJuly 9, 2006 4:26 pm

flozImpresionante o espectáculo do sábado no Teatro Rosalía de Castro. Unha historia emotiva, divertida, entretida, … e sobre todo magníficamente feita. As máscaras tiñan vida, eran seres reais, que sentían e se expresaban como tales. Tamén puidemos decatarnos de que moitas veces son moito máis interesantes as pequenas historias, as que ocorren detrás do escenario que as que se mostran por diante. O público ovacionou largamente aos artistas, un éxito que dará moito que falar nos escenarios de todo o mundo.

Novidades 4:18 pm

mariclownO sábado volveron a deleitarnos os artistas que actuaron na rúa, verito divina de la muerte facendo todo tipo de malabares e equilibrios imposibles, xogando co público asistente e logrando o aplauso de tod@s. Mariclown co seu magnífico e visual espectáculo que acadou un enorme éxito, a xente aplaudía sen parar os seus temas e prestaban moita atención a todo o que pasaba sobre o escenario. O domingo @s que non tiveron ocasión de pasarse por alí terán unha nova oportunidade, non o perdades.

NovidadesJuly 8, 2006 4:59 am

mofabefaNon podía ser doutra forma, e Mofa e Befa conseguiron abarrotar o Teatro Rosalía de xente. O espectáculo gustou, e moito. O humor étnico-musical, fixo que por momentos dubidáramos das auténticas cualidades de cada un dos actores, xa que as súas habilidades van moito máis alá das técnicas teatrais e as frases ocurrentes. Un espectáculo ademáis con marcados tintes reivindicativos da tolerancia, a convivencia e a mestizaxe. Toda unha lección.